Presentación
A Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo organiza a undécima edición das “Xornadas Internacionales ARVI sobre o Futuro da Pesca”, co título: “A pesca como garante da soberanía alimentaria. O papel das frotas de media e longa distancia”, que terá lugar os días 12 (tarde) e 13 (mañá) de setembro, de forma presencial e telemática, nas instalacións que esta entidade ten situadas no Porto Pesqueiro de Vigo, (España), edificio “Ramiro Gordejuela”.
O panel do primeiro día versará sobre “A dimensión externa ante a revisión da PPC: a colaboración internacional e a dimensión exterior da pesca europea: Potenciación da frota de longa distancia”. Na mañá do día seguinte, as intervencións xirarán arredor da “Análise das proxeccións de presente e de futuro: necesidade de adaptar as políticas pesqueiras á garantía da soberanía alimentaria”.
Nesta XI Conferencia Internacional ARVI, celebramos máis dunha década de compromiso coa sustentabilidade e a excelencia na pesca. Un espazo onde o intercambio de coñecementos permite afrontar retos globais e aproveitar as oportunidades emerxentes no sector pesqueiro.
Programa
Xoves, 12 de setembro
15:30 h. REXISTRO DE ASISTENTES
16:00. ACTO DE INAUGURACIÓN
D. Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar. Xunta de Galicia
D. F. Javier Touza Touza
Presidente de ARVI
Panel 1
“A dimensión exterior ante a revisión da PPC. Colaboración internacional e dimensión exterior da pesca europea: potenciación da frota de longa distancia”
Moderador: D. Hugo C. González García
Xerente adxunto de ARVI
16:20 h. “A reforma da PPC, unha oportunidade de futuro para o sector”.
Dª. Carmen Crespo Díaz
Presidente da comisión de pesca do Parlamento Europeo
16:40 h. “Posición da administración española: o foco na dimensión internacional da PPC no exercicio de revisión. Papel das distintas frotas afectadas”
D. Ramón de la Figuera Morales
Director General de Pesca Sostenible da Secretaría General de Pesca
17:00 h. PAUSA CAFÉ
17:30 h. “A revisión da PPC dende Galicia. O papel da pesca galega e o da súa frota nunha dimensión exterior”
D. Antonio Basanta Fernández
Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar Xunta de Galicia
17:50 h. “Valorar a frota de longa distancia na revisión da PPC. O caso das empresas mixtas”
D. Javier Touza Touza
Presidente de ARVI e ACEMIX
18:10 h. Mesa redonda e debate cos asistentes
Dª. Carmen Crespo
D. Ramón de la Figuera
D. Antonio Basanta
D. Javier Touza
19:00 h. FIN DA PRIMEIRA XORNADA DAS XORNADAS
Venres, 13 de setembro
09:45 h. REXISTRO DE ASISTENTES
10:00 h. PRESENTACIÓN DA SEGUNDA XORNADA DA CONFERENCIA
D. Edelmiro Ulloa Alonso.
Director Xeral de ARVI
Panel 2
“Análise das proxeccións presentes e futuras: necesidade de adaptar as políticas pesqueiras para garantir a soberanía alimentaria”
Moderadora: Dª. Irene Prieto Castro
Secretaria técnica da OPPF-4
10:10 h. “A Estratexia Alimentaria Nacional como ferramenta fundamental para o desenvolvemento de políticas alimentarias eficaces”
D. José Miguel Herrero Velasco
Director General de Alimentación. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
10:30 h. “O desenvolvemento pesqueiro como garante da soberanía alimentaria: o caso de Galicia”
Dª. Marta Villaverde Acuña
Director Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Consellería do Mar Xunta de Galicia.
10:50 h. PAUSA CAFÉ
11:20 h. “Adaptacións necesarias na nova PPC para reforzar a soberanía alimentaria na UE. A importancia do abastecemento de peixe para a saúde”
D. Javier Garat Pérez.
Presidente de Europêche e Secretario General de CEPESCA
11:40 h. “O papel dos portos estratéxicos na consolidación da oferta de produtos pesqueiros e na soberanía alimentaria”
D. Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
12:00 h. “A soberanía alimentaria futura dende a realidade das frotas do Ecosistema ARVI”
Dª. Mercedes Rodríguez Moreda
Xerente adxunta de ARVI
12:20 h. Mesa redonda e debate cos asistentes
D. José Miguel Herrero
Dª. Marta Villaverde
D. Javier Garat
D. Carlos Botana
Dª. Mercedes Rodríguez
13:30 h. CLAUSURA DA XORNADA
D. Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia
Ponentes
HUGO C. GONZÁLEZ GARCÍA
Xerente adxunto da Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo dende 2013, estando vinculado á entidade dende 1986, primeiro no Departamento de Plans de Pesca e Estatísticas, e despois como secretario técnico. Ademais ven exercendo postos de representación en diferentes organismos sectoriais.
CARMEN CRESPO DIAZ
Diplomada en Bibioteconomía e Documentación, desenvolveu diversos cargos políticos e cargos de xestión ao longo da súa carreira profesional ligada ao Partido Popular, destacando entre eles o seu cargo de consejera de Agricultura y Pesca da Junta de Andalucía durante os últimos seis anos. Desde xullo de 2024 é eurodeputada do Grupo EPP no Parlamento Europeo en diversas comisións, ostentando o cargo de presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo.
RAMÓN DE LA FIGUERA MORALES
Licenciado en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid, cun mestrado en Bioloxía Evolutiva. Membro do corpo nacional veterinario dende 2008, adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, ocupando diferentes cargos vencellados á pesca neste Ministerio, sendo na actualidade director general de Pesca Sostenible.
ANTONIO BASANTA FERNÁNDEZ
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Administración Pública, e mestrado en Economía Pesqueira pola mesma Universidade. Actualmente é director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
F. JAVIER TOUZA TOUZA
Licenciado en Dereito por ICADE, é presidente do Grupo Golden e conselleiro delegado de Chymar S.A. É presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, así como de parte doutras entidades vencelladas á mesma como ACEMIX, CLUPESCA ou FUNDAMAR, e ademais actualmente é vicepresidente de UNACOMAR.
IRENE PRIETO CASTRO
Graduada en Bioloxía pola Universidade de León, con mestrado en Bioloxía Mariña pola Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en pesqueiras, foi observadora pesqueira ao longo da súa carreira profesional en diferentes caladoiros e empresas. Dende 2022 é secretaria técnica da Organización de Pesca Fresca del Puerto de Vigo, OPPF-4.
JOSÉ MIGUEL HERRERO VELASCO
Enxeñeiro Agrónomo na especialidade de Economía Agraria pola Universidade Politécnica de Madrid, con mestrado en comercio exterior. Dende 2004 ven estando vencellado a diferentes cargos de agroalimentación no Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Actualmente é director general de Alimentación deste Ministerio.
MARTA VILLAVERDE ACUÑA
Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Desempeñou labores de xestión en planificación en materia de seguridade alimentaria, trazabilidade e comercialización, e en valorización dos produtos do mar na Xunta de Galicia. Actualmente é a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
JAVIER GARAT PÉREZ
Licenciado en Dereiro, Diplomado en Dereito Comunitario pola Universidade Complutense de Madrid e con mestrado en Dereito Internacional e Europeo pola Universidade de Lovaina. Está vencellado ao sector pesqueiro dende 1996, sendo actualmente secretario general de Cepesca, presidente da Asociación de Organizaciones de Productores PESCA ESPAÑA, de Europêche y de ICFA.
CARLOS BOTANA LAGARÓN
Licenciado en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo (oceanografía), con mestrado en administración de empresas e tamén en xestión ambiental. Leva vencellado á Autoridade Portuaria de Vigo dende 2002 ocupando diferentes cargos como xefe da división de operacións pesqueiras, da división de medio ambiente e do departamento de sustentabilidade. É dende 2023 presidente desta entidade.
MERCEDES RODRIGUEZ
Licenciada en Dereito con Grao pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Extraordinario de Licenciatura. Colexiada como avogada do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo. Fundadora do bufete Rodríguez Moreda Avogados. Dende 1997 vencéllase á OPP-Burela, sendo a súa directora xerente do1999 ata o 2016, ano no que entra a formar parte da Consellería do Mar durante 5 anos. En 2024 convértese en xerente adxunta de ARVI.
Fotos