Seleccionar página

Presentación

 A empresa pesqueira do futuro: investimento, innovación e relevo empresarial

Ponse o foco nun dos grandes retos estratéxicos do sector: a transformación do modelo empresarial da pesca. Nun contexto marcado pola descarbonización, a dixitalización, as novas esixencias financeiras e de sustentabilidade, o acceso ao capital e o relevo xeracional convertéronse en factores determinantes para garantir a competitividade e a continuidade das empresas pesqueiras.

O programa estruturarase en dúas mesas redondas:

Mesa 1. Investimento e competitividade: quen financiará a pesca do futuro?

Analizarase como as empresas pesqueiras poderán acceder ao investimento e ao financiamento nun contorno de crecente esixencia en materia de sustentabilidade, gobernanza e innovación. Abordaranse cuestións como o acceso ao financiamento sustentable, a dispoñibilidade de crédito, a concentración empresarial, a dimensión óptima das empresas, a gobernanza corporativa e o papel que poden desempeñar os novos instrumentos societarios e rexistrais.

Mesa 2. Novos modelos de empresa e xestión do talento.

O relevo empresarial e a adaptación das organizacións aos novos perfís profesionais. Quen dirixirá as empresas pesqueiras en 2035, como atraer e reter talento cualificado, que formación demandará o sector e como evolucionarán as estruturas de propiedade e xestión das empresas.

Reuniranse representantes das administracións, entidades financeiras, persoas expertas e organizacións do sector para xerar un debate aberto sobre os principais desafíos aos que se enfronta a empresa pesqueira.

Con esta nova edición, ARVI reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade, a innovación e a continuidade do sector, consolidando a Conferencia Internacional ARVI como un foro de referencia para anticipar os cambios que marcarán o futuro da pesca.

Programa

9:00

Rexistro de asistentes.

 

9:30

Acto de Inauguración y Presentación.

Alfonso Rueda Valenzuela. Presidente da Xunta de Galicia (PdC)
Javier Touza Touza. Presidente de ARVI

 

10:00

Mesa Redonda – Inversión e competitividade: ¿Quen financiará a pesca do futuro?

Modera:  Dña. Mercedes Rodríguez Moreda. Xerente adxunta de ARVI

D. Benito Núñez Quintanilla

Secretario Xeral Transportes Aéreo e Marítimo. Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible.

“Incidencia dos novos modelos de rexistro na continuidade da empresa pesqueira española”.

D. Isaac Rosón Sánchez-Brunete

Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.  Xunta de Galicia.

“O futuro empresarial da pesca en Galicia”

D. Manuel Pablos López

Subdirector Xeral de Sostenibilidade Económica e Asuntos Sociais. Secretaría Xeral de Pesca.

«Enfoques sobre posible futura financiación pública para o sector”

D. Javier Fraga Díaz

Director de ABANCA Mar.

«Como ve a banca o risco da empresa pesqueira de cara a 2035”

D. Javier Touza Touza

Presidente de ARVI.

 

«Os novos rexistros pesqueiros. Ferramentas de canalización de futuro para as empresas armadoras”

12:00

Pausa Café

 

12:30

Mesa Redonda – Novos modelos de empresa e xestión de talento

Modera: Dña. Ángela Cortina Burgueño. Secretaria Técnica de ARVI

D. Gonzalo Rodríguez Rodríguez

Profesor titular de Economía Pesqueira (USC)

“Valor económico e Emprego na pesca do futuro”.

D. F. Xavier Martínez Cobas

Profesor Economía Financieira e Contabilidade. Universidade de Vigo

“Transición socioeconómica e sostenibilidade empresarial”.

D. Jorge Cebreiros Arce

Presidente da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP)

“IA automatización e dixitalización do negocio pesqueiro”.
D. José Antonio Sotelo Dios
Armador Sotelo Dios, S.L
“Que precisa a nova xeración para asumir liderazgo”.

D. Daniel Voces de Onaíndi

Director Xerente de EUROPÊCHE.

“O modelo do negocio futuro e a competitividade da frota Pesqueira da UE”.

 

14:30

Acto de clausura

Declaración ARVI2026 sobre o futuro empresarial da pesca europea

Dña. Marta Villaverde Acuña. Conselleira do Mar da Xunta de Galicia (PdC)

 

15:00

Xantar institucional con degustación de produtos pesqueiros.

 

 

17:00

Fin conferencia

 

 

 

CONTACTO

Teléfono

+0034 986 433 844

Email

direccion@arvi.org

Dirección

Puerto Pesquero, Edificio Ramiro Gordejuela. CP: 36202

Vigo/Pontevedra/España.